Sara Escudero presentará en Mondoñedo o seu libro El CaNino de Santiago
AMariñaXa
O 13 de outubro Centro de Interpretación do Camiño Norte de Mondoñedo, acollerá a presentación do libro El CaNino de Santiago.
10 Oct 2021
O 13 de outubro ás 12.00 horas o Centro de Interpretación do Camiño Norte de Mondoñedo, acollerá a presentación do libro El CaNino de Santiago.
Este libro está escrito por Sara Escudero e trata sobre a aventura da periodista co seu can Nala e das vivencias e experiencias xuntas.
Son catorce capítulos onde se establecen paralelismos nas etapas de cada unha das aventuras: Nala narra as etapas da peregrinaxe a Santiago e Sara as etapas do camiño da vida dunha persoa e o seu can.