Santo Tomé de Lourenzá celebra as súas festas

AMariñaXa
Haberá unha cea popular, verbenas e sesión vermú para que desfruten veciños e asistentes a partir do venres 20
festas-patronais
8 sep 2024

A veciñanza de Lourenzá estará de festa neste mes de setembro. Santo Tomé organiza as Festas na honra a San Antonio e Santo Tomás dende o venres 20. Comezan cunha cea a base de polbo e churrasco a partir das 21.00 horas. Ademais, os veciños poderán gozar da verbena con Acordes e o dúo Matices.

O programa continúa o sábado con misa solemne, procesión, seguida de sesión vermú con D´Noche. A formación amenizará a verbena, acompañada polo grupo Fussión, dende as 22.30 horas. O domingo haberá de novo misa solemne e procesión seguida de sesión vermú coa orquestra Dinastía. A romaría conta coa colaboración do Concello e da Xunta.

festas santo tome lourenza
0.20472002029419