Santo Tomé de Lourenzá comeza os seus tres días de festa
AMariñaXa
Comezan cunha cea a base de polbo e churrasco a partir das 21.00 horas e unha verbena
19 sep 2024
A veciñanza de Lourenzá estará de festa neste mes de setembro. Santo Tomé organiza as Festas na honra a San Antonio e Santo Tomás dende o venres día 20. Comezarán cunha cea a base de polbo e churrasco para toda a veciñanza a partir das 21.00 horas. Ademais, os asistentes poderán gozar a continuación da verbena con Acordes e o dúo Matices.
O programa continúa o sábado con misa solemne, procesión, seguida de sesión vermú con D´Noche. A formación será a encargada de amenizar a verbena, acompañada polo grupo Fussión, dende as 22.30 horas da noite. O domingo haberá de novo misa solemne e procesión, que virá seguida de sesión vermú coa orquestra Dinastía. A romaría conta coa colaboración do Concello e da Xunta.