Santo Estevo do Ermo en Barreiros acollerá o 2 de xullo a súa romaxe popular
Santo Estevo do Ermo en Barreiros acollerá o vindeiro 2 de xullo a súa tradicional romaxe popular na honra do Santo homónimo.
Segundo o programa confeccionado e dirixido pola Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes de Camiños de Barreiros, o CF Celta Barreiros e colabora Barreiros Mar e Monte, haberá ás 10.00 horas un roteiro a pé e ao seu remate, ás 13.00 horas, será a misa cantada polo coro Airiños do Mar e a procesión.
Ás 13.30 horas haberá unha degustación gratuita de empanada de sardiñas e sesión vermú co dúo En Clave de ti, que dará paso ao xantar popular.
Pola tarde, ás 16.00, continuará con xogos populares, o torneo de tute e unha exposición de pintura e fotografía.
Desde as 20.00 horas volverá actuar o úo En Clave de ti, a cea popular, e ás 22.00 horas un espectáculo de maxia a cargo do Mago Rafa, que dará pé á sesión musical e á queimada popular gratuita.