Santiago de Bravos, en Ourol, celebrará esta fin de semana as súas patronais
AMariñaXa
A parroquia de Santiago de Bravos, en Ourol, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais que darán comezo o sábado 22
18 Xul 2023
A parroquia de Santiago de Bravos, en Ourol, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais que darán comezo o sábado 22 e que rematarán o luns 25.
O sábado ás 20.30 horas haberáunha actuación do Coro de Bravos seguido dun concerto de Óscar Fernández e Leo Salinas. O luns 24 será a gran churrascada ás 21.00 horas acompañada da verbena a cargo do dúo Matices e Carlos Mariano.
O martes 25, día grande, haberá misa solemne ás 13.00 horas seguida da sesión vermú a cargo do grupo Arizona.
As festas están organizadas pola Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos e colabora o Concello de Ourol e a Comunidade de Montes de Bravos.