Santiago de Abres, en Vegadeo, presenta o programa das súas festas

AMariñaXa
A celebración arranca o día 20 con gran churrascada a partir das 22.00 horas no campo da festa
fogos-artificiais-festas-patronais
fogos-artificiais-festas-patronais
14 Xul 2024

Santiago de Abres, en Vegadeo, celebra as súas Festas en honor a Santiago e Santa Ana. A celebración arranca o día 20 con gran churrascada a partir das 22.00 horas no campo da festa amenizada por La Hora Bruja e DJ Marco. O programa continúa o xoves 25 con misa solemne a partir das 13.00 horas acompañada pola Banda de Música de Foz.

A continuación, no campo da festa será a sesión vermú co Dúo Belinda. Pola noite, haberá unha gran verbena con Waykas e Tequila. As festas rematana o 26 con misa solemne ás 13.30 horas no campo da festa para dar paso á sesión vermú con Euphoria Discowho e Pedro Brmudz. Pola noite, haberá unha gran festa amenizada por Panorama, Euphoria Discowho e Pedro Brmudz.

0.089852094650269