Santa Emilia celebra en Mondoñedo unha nova cita musical con piano e clarinete como protagonistas

AMariñaXa
O pianista e director, Nicolás Ravelli, compartirá escenario co mozo clarinetista José Antonio García‑Trevijano Velasco
concierto-mondonhedo
8 Jul 2025

O Centro Cultural Santa Emilia, en Mondoñedo, prepárase para acoller unha nova cita musical que combina esixencia artística, mentoría interxeracional e un marco patrimonial singular. O evento terá lugar o sábado 26 de xullo de 2025, ás 20.00 horas, na sede do centro, situada na rúa Bispo Fernández de Castro 11.

O concerto contará coa presenza do recoñecido pianista e director Nicolás Ravelli, de traxectoria internacional consolidada, que compartirá escenario co mozo clarinetista José Antonio García‑Trevijano Velasco, formado no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e no Conservatorio de Castela-A Mancha.

A proposta musical xirará arredor dun repertorio centrado no jazz e o soul, interpretado a través dun dúo de piano e clarinete cun enfoque “fresco, rigoroso e sensible”, en palabras da organización.

Este concerto representa unha nova mostra do espírito que define o proxecto cultural de Santa Emilia: “a transmisión do saber artístico, o fomento do talento emerxente e a posta en valor da música nun marco cultural e arquitectónico de excepción”. Un espazo onde a tradición e a vangarda se dan a man, facendo de Mondoñedo un punto de encontro para a música de calidade.

⚙ Configurar cookies
0.13633990287781