Santa Comba da Órrea organiza unha comida co motivo do lume vello

TerraChaXa | AMariñaXa
Ten lugar na véspera de San Pedro, cinco días despois do lume novo
comida-lume-vello-riotorto
Cartel
28 Xuño 2024

A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, para recuperar dalgunha maneira a tradición e desfrutar da Área Recreativa da parroquia situada na Casanova, convoca a celebración do Lume Vello, que terá lugar o sábado 29 de Xuño ás 14.00. O prezo da inscrición é de 15 euros por persoa.

O lume vello ten lugar na véspera de San Pedro, cinco días despois do lume novo, chamado noutros lugares lume pequeno ou fogueira de San Pedro. É unha celebración case familiar, a diferenza do que pasa co lume novo, no que se xuntaba a xente de cada lugar.

0.10829305648804