Santa Comba da Órrea celebra as súas patronais o día 31
A parroquia riotortense de Santa Comba da Órrea celebra o día 31 de decembro a súa festa patronal cun programa seguindo a liña habitual.
Os actos centrais serán a misa na honra de Santa Comba, ás 12.30 horas oficiada por José Pascual, e unha pequena sesión vermúque terá lugar no atrio da igrexa coas debidas medidas de seguridade sanitaria, todo elo acompañado pola música do acordeón.
Ademais, Ondas Órrea, a emisora na Rede, que creou a Asociación de Veciño desta parroquia, ten previsto emitir o día 31, coincidindo co día da Patroa, o seu terceiro programa. Como nas emisións anteriores, a asociación considera moi importante a participación dos oíntes a través de mensaxes de voz, polo que unha vez máis piden a súa colaboración para poder sacar adiante esta experiencia.
Cadaquén pode participar da maneira que estime máis oportuna, enviando un saúdo, felicitando as festas, contando unha anécdota graciosa, facendo un comentario sobre calquera tema, vertendo unha crítica, opinando sobre o tema central do programa (o asociacionismo no medio rural e, especialmente, as asociacións de Santa Comba da Órrea e a súa historia) ou simplemente dicindo aquelo que lle pete.
As mensaxes de voz deben empezar coa identificación clara de quen as manda, e deberán ser enviadas antes do día 25 de decembro a calquera destes teléfonos: 677 218 699, 618 480 957 e 636 721 008.