Sanidade urxe ao Concello de Viveiro a que tome medidas para mellorar a calidade da auga na praia de Celeiro

AMariñaXa
A parroquia vivariense de Landrove invita a participar da quinta festa da paella, que se celebrará no atrio da igrexa,
concentracion vecinal viveiro praia celeiro pechada
22 Aug 2023

A Consellería de Sanidade urxe de novo o Concello de Viveiro a que tome as medidas oportunas para mellorar a calidade da auga na praia de Celeiro e así volver ser incluída no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño.

A pesar de que a Xunta lle advertiu ao goberno local no mes de febreiro que nas últimas tres temporadas de baño a calidade da auga fora insuficiente, o Concello de Viveiro non actuou para reverter a situación. Polo tanto, tal e como consta no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño, cando a calidade da auga é insuficiente durante varias tempadas significa que existe unha contaminación permanente e non puntual. En consecuencia, non se realizará vixilancia sanitaria destas augas ata que o Concello achegue un informe que xustifique a adopción de medidas destinadas á mellora da calidade da auga, xunto con resultados analíticos favorables da zona de baño.

Tendo en conta que o control sanitario do medio natural é competencia da administración local, é o Concello quen debe dar as explicacións oportunas da orixe ou orixes da contaminación das augas. Por responsabilidade e obriga legal, o Concello debe tomar as medidas oportunas para comunicar á poboación que debe absterse do baño, establecer actuacións para determinar as causas polas que a auga non acada a clasificación suficiente e prever a redución ou eliminación destas causas.

En canto o Concello acredite a realización de actuacións que melloran a calidade da auga do baño, poderá solicitar a súa inclusión na sección II do Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Augas de baño en avaliación) e esa zona de baño incluirase no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño da Dirección Xeral de Saúde Pública.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16928911209106