San Valentín e Entroido animan o comercio local de Foz

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz pon en marcha unha completa programación para celebrar San Valentín e dinamizar o comercio local. Os compradores que realicen gastos superiores a 10 euros entre o 2 e o 18 de febreiro poderán participar no sorteo de catro vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica, que se realizará en Radio Foz o 19 de febreiro, segundo explicou o presidente da asociación, José Carlos Paleo.
Paleo animou a apostar polo comercio local e destacou que a hostalería tamén ofrecerá propostas gastronómicas para a ocasión. Entre as citas doces, destacan as pastelerías Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma, que presentarán os seus produtos afrodisíacos os días 13, 14 e 15 de febreiro, mantendo a tradición de endulzar o día dos namorados en Foz.
Paralelamente, o Entroido 2026 xa se fai sentir na vila. O 31 de xaneiro celebrarase a coroación do Rei do Entroido e os locais asociados contan con cartelería específica coa mensaxe “Isto é Foz, aquí hai Carnaval”. Ademais, co gallo do Día Mundial contra o Cancro, o 4 de febreiro os escaparates lucirán lazos verdes en sinal de solidariedade. A campaña conta coa colaboración de Comercio Galego, Xunta de Galicia e Concello de Foz.