San Pedro da Ribeira de Saldoira, na Pontenova, celebra as súas patronais

AMariñaXa
O venres haberá unha gran churrascada e verbena e o sábado misa solemne, procesión, sesión vermú e verbena
festas-patronais
Foto de arquivo
25 Xuño 2024

San Pedro da Ribeira de Saldoira, na Pontenova, celebra as súas patronais o 28 e 29 de xuño. O venres haberá unha gran churrascada con empanadas, churrasco, chourizo, criollo, pan e sobremesa. Os interesados teñen ata o 26 de xuño para reservar no 636 258 106 ou no 619 679 667. Logo haberá verbena da man do Grupo Lume.

A celebración continúa o sábado con misa solemne cantada por Monse Fernández e procesión con acordeón. Colimbo amenizará a sesión vermú e pola tarde haberá merendas no campo da festa. Á noite haberá unha gran verbena con Colimbo a partir das 23.00 horas que estará acompañada de Galilea.

0.151850938797