San Miguel de Reinante vive as súas festas do 27 ao 29 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 sep 2019

As festas na honra ao santo na parroquia de San Miguel de Reinante de Barreiros celebraránse do 27 ao 29 de setembro. O venres, a cita comezará a partir das 20 horas cunha gran churrascada, por dez euros cada comensal e mesas e sillas para os asistentes, que estará amenizada polo Cuarteto Tradicional Xaramolos e o dúo Élite. Toda a celebración vaise facer cun recinto cuberto con carpa.

Ao día seguinte, sábado 28 de setembro, haberá unha misa solemne ás 13 horas e procesión ademais de sesión vermú a cargo da orquestra Stereo. Esta formación xunto a Tango serán as encargadas de tocar na verbena.

E xa o domingo as festas rematan con misa e procesión a partir das 13 horas e unha sesión vermú a cargo da orquestra Trébol e a verbena amenizada por esta formación e polo grupo Lume.

0.18915605545044