San Miguel de Reinante celebrará a súa festa relixiosa a finais de mes
Os veciños da parroquia de San Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, celebrarán a súa festa relixiosa na honra a San Miguel onde todos os asistentes poderán gozar dos actos relixiosos e coas variadas actuacións musicais a cargo de grupos e orquestras do momento.
O xoves 29 de setembro, o primeiro día de festa na honra a San Miguel, comezará ás 13.00 horas coa misa solemne e a procesión seguida da sesión vermú co grupo Lume que actuará na verbena da noite ás 22.00 horas.
O venres volverá a sesión vermú ás 14.00 horas co grupo Montreal, quen será o encargado ás 22.00 horas xunto con Los Satélites de animar a verbena da noite.
O sábado repetiranse os oficios relixiosos do xoves e a sesión vermú estará a nimada pola orquestra Foliada, quen tocará pola noite con Costa Dorada.