San Martiño, en Foz, estará de festa a fin de semana
AMariñaXa
Os veciños da parroquia de San Martiño, en Foz, celebrarán os vindeiros días 11, 12 e 13 de novembro as súas festas.
10 Nov 2022
Os veciños da parroquia de San Martiño, en Foz, celebrarán os vindeiros días 11, 12 e 13 de novembro as súas festas nunha carpa con calefacción.
A xornada festiva comezará o 11 cunha verbena amenizada dúo Epo-k e o grupo Fussión á que seguirá unha cea a base de empanada, polbo e xamón cocido.
O sábado 12 haberá misa solemne ás 13.00 horas e dará paso á sesión vermú co trío D'Nika quen tamén amenizará a verbena pola noite xunto con Conxuro Disco Móvl.
O domingo 13 volverá o oficio relixioso ás 13.00 horas e a procesión seguida do grupo de gaitas Souto Xímaro.