San Martiño de Foz prepárase para celebrar as festas do Carme
AMariñaXa
A asociación O Carmen, da parroquia focega de San Martiño, presenta o programa das festas que contan coa colaboración do Concello
17 Xul 2024
A asociación O Carmen, da parroquia focega de San Martiño, presenta o programa das festas que contan coa colaboración do Concello de Foz e que será os días 10, 20 e 21 de xullo. O venres haberá cea popular a partir das 21.00 horas con empanada, chourizo e pan por un prezo de 8 euros.
A verbena dará comezo ás 22.30 da man de Fania Blanco Show e o Grupo Beatriz. A celebración continúa o sábado con misa ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que estará acompañado pola disco móbil Conxuro na verbena.
O último día, o domingo, haberá de novo misa ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú co grupo Guayaba.