San Cosme de Barreiros vivirá as súas festas o 26 e 27 de setembro
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O sábado 26 de setembro comeza a celebración das festas de San Cosme de Barreiros, con misa ás 13.
9 sep 2019
O sábado 26 de setembro comeza a celebración das festas de San Cosme de Barreiros, con misa ás 13.30 horas na igrexa de abaixo e procesión, ademais dunha sesión vermú a cargo de La Bamba. Esta formación e o dúo Estrellas amenizarán a verbena.
Ao día seguinte, trala mila das 13.30 horas na igrexa de arriba e a procesión, haberá unha sesión vermú a cargo de Abanico que tamén acompañará a Lecer na verbena.
O Celta de Barreiros organiza a cita coa colaboración do Concello de Barreiros.