San Cibrao vivirá unha gran festa de San Xoán da man da asociación A Rebolaxe
San Cibrao vivirá unha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe ademais de que haberá moita música, comida e por suposto unha gran fogueira.
O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, comezará o xoves 23 ás 19.30 horas, momento no que está previsto a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona; e ás 00.00 tocará a banda local The Lazy Bones.
Xa o venres 24 haberá sesión vermú con Mi rollo es el rock, ás 13.00 horas e ademais, sortearase unha pandeireta
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo loubar o traballo realizado por esta asociación A Rebolaxe á hora de dinamizar o Concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.
Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Dolores García Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.