San Cibrao suma dúas vivendas públicas máis en réxime de alugueiro

AMariñaXa
Os inmobles, destinados ao alugueiro, forman parte das medidas para garantir o acceso á vivenda
vivenda-cervo-entregada-2025
12 Mar 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregou hoxe as chaves de dúas vivendas de promoción pública na urbanización Río Cobo de San Cibrao, no municipio de Cervo. Estes inmobles, destinados ao alugueiro, dispoñen de catro e tres dormitorios e contan cunha superficie de 75 e 65 metros cadrados, respectivamente.

Arias puxo en valor o traballo do Goberno galego para facilitar o acceso á vivenda, non só coa construción e rehabilitación de inmobles, senón tamén a través de diferentes programas de axuda.

Neste sentido, lembrou que ata o 28 de marzo está aberto o prazo para solicitar o Bono Alugueiro Mocidade, dirixido a menores de 36 anos. Así mesmo, ata outubro poden solicitarse achegas para a compra de vivendas situadas en municipios de menos de 10.000 habitantes, en centros históricos ou cualificadas como vivenda protexida de protección autonómica.

⚙ Configurar cookies
0.85207915306091