San Cibrao celebrará a XXVII Festa do Mexillón

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 Feb 2020

A vila de San Cibrao celebrará a XXVII Festa do Mexillón o sábado 29 de febreiro.

Deste xeito, durante todo o día, oito establecementos da vila ofertarán tapas que terán como denominador común o mexillón, en todas as súas variedades e en múltiples combinacións e receitas: en empanada, croquetas, ao vapor, en vinagreta, en pizza, en paté…

O edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a Festa cunha representación dos hostaleiros de San Ciprián.

Participarán O Noso Lar, Nordesía, Las Titas, O Pulgas, O Faro, Maruxaina, O Trasgo e a Bodega. Ademais editáronse folletos informativos nos que se especifican algunhas das variedades que se poderán saborear en cada un dos locais.

Rodríguez e Caramés precisaron que “festas gastronómicas como esta contribúen a dinamizar as nosas vilas, e son sempre un reclamo moi importante tamén á hora de atraer visitantes á vila, ofrecendo un produto do mar, moi noso, saboroso, e versátil na cociña”.

Desde o Concello de Cervo animan á veciños e visitantes a desfrutar desa xornada en San Cibrao protagonizada polo mexillón.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17691397666931