San Cibrao celebra as festas do Carme

AMariñaXa
Os festexos comezan o luns 15, coa sesión vermú a cargo do Grupo Zona Zero, ás 14.00 horas
-presentación-Carmen-san-cibrao
9 Xul 2024

San Ciprián celebrará o próximo 15 e 16 de xullo as súas Festas na Honra da Virxe do Carme. A cita, organizada polo Concello, foi presentada pola rexedora Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias, e por unha representación da asociación Mar de San Ciprián, que se encarga de organizar a procesión, de Mulleres de San Cipirán, que colabora coa decoración floral e de varios colaboradores da Festa e da asociación A Anxuela.

Os festexos comezan o luns 15, coa sesión vermú a cargo do Grupo Zona Zero, ás 14.00 horas. Xa á noitiña, ás 21.00 horas terá lugar a tradicional procesión do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Cipirán e acompañada polo grupo de gaitas A Rebolaxe. A continuación será a verbena na Praza dos Campos co Grupo Zona Zero e a orquestra Los Player´s. O día grande, o martes 16, a misa está prevista para as 12.00 horas, no peirao, cantada pola Coral Terramar, ao remate haberá unha ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos a cargo de Francisco Pernas. A continuación será a procesión da Virxe ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, organizada por Mar de San Ciprián, acompañada pola Banda da Misericordia.

Xa ás 14.00 horas será a sesión vermú co grupo Arizona que repetirá na verbena ás 22.00 horas, con Greats Straits, un concertó tributo a Dire Straits. A alcaldesa quixo agradecer o esforzo e a implicación dos diferentes colectivos e veciños e veciñas que colaboran para facer posible a celebración desta Festa con tanto arraigo na nosa vila “que reforza esa identidade de vila mariñeira que caracteriza a San Ciprián, un pobo no que neses días se respira un especial sentimento festivo e de comunidade palpable en cada encontro familiar e entre amigos, e moi especialmente nese emotivo percorrido da Patroa polas rúas da vila engalanadas para a ocasión”.

A rexedora quixo convidar, do mesmo xeito, á veciñanza e visitantes a que desfruten destas dúas xornadas festivas coas que se pretende conectar con toda a sociedade, nas que a música, a diversión e os bos momentos entre a familia e os amigos están asegurados.

0.13706111907959