San Cibrao acollerá o I Open de Tute o sábado 18 de maio
A Praza dos Campos de San Ciprián acollerá o sábado 18 de maio o 1º Open de Tute Concello de Cervo, organizado pola asociación de veciños “Cruz da Venta” de San Ciprián e polo Telvi´s Local Place, coa colaboración do Concello de Cervo.
O campionato foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, por Etelvino Cordido “Telvi” e por José Luís Sariego, en representación da asociación de veciños.
O Open comezará ás 16:00 horas e ás 2:30 horas están previstas as finais e a entrega de premios.
As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 630 75 47 76. O prezo da inscrición é de 120 euros por parella, íntegros para premios e con cea incluída. Haberá obsequios para todos os participantes, e sortearase ceas, noites de hotel e diferentes regalos e lotes de produtos.