San Caetano, en Barreiros, volverá celebrar a Festa da Tortilla
A comisión organizadora da Romería de San Caetano presentou a programación e os actos que se desenvolverán o vindeiro 19 e 20 de agosto na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, entre os que destaca a celebración da Festa da Tortilla, que vai xa pola XXV edición.
A oferta lúdica, musical, e gastronómica que ofrece a asociación Irmandade San Caetano para estes días é ampla e variada, deste xeito contarán con grupos de música tradicional como Os Lambós ou Tumba e Dalle, a música rock folk de Verónica Cambón, a charanga Louband e tamén contarán coa música de sempre de José Anido. Ademais confirmaron a presencia do malabarista internacional Guillermo Solo.
Noutras edición houbo concurso de tortillas, elaboración dunha tortilla xigante, e concurso Máster Tortilla elaborando os concursantes as tortillas no mesmo campo da festa, e aínda que falta por confirmar algúns actos, previsiblemente faranse estes tradicionais e divertidos eventos.
Según manifestan os organizadores, esta romería sigue conservando a esencia das festas, romerías e verbenas, as festas dos palcos de lona de sempre.