San Bartolo, en Barreiros, comeza as súas festas cunha churrascada

AMariñaXa
O programa comeza este venres 23 de agosto cunha churrascada popular e música a cargo do dúo Belinda
Fogos artificiais
22 Ago 2024

San Bartolo, en Barreiros, celebra as súas festas esta fin de semana. O programa comeza este venres 23 de agosto cunha churrascada popular e música a cargo do dúo Belinda e da orquestra Galilea. O fin de festa virá da man do Dj Alejandro Martínez. A celebración continúa o sábado 24, o Día de San Bartolo. Haberá misa solemne e procesión na honra a San Bartolo.

Ademais, nesta xornada tamén actuará a asociación O Arco da Vella e terá lugar unha sesión vermú longa co Dúo Belinda. A verbena estará protagonizada por El Combo Dominicano alternando co Dj Alejandro Martínez. O domingo tmén organizan unha sesión vermú longa con charanga Mekanika Rolling Band e grupo Fénix, que estará na verbena acompañado do DJ Alejandro Martínez.

festa san bartolo
0.18202018737793