Saiñas de Xove organiza un taller de bordado ao aire
AMariñaXa
A asociación define a actividade como unha oportunidade única para achegarse á arte do bordado
20 Jan 2025
A asociación Saiñas, de Xove, organiza un obradoiro de bordado ao aire para os sábados 22 de febreiro e 8 de marzo. Este taller terá lugar nas instalacións do Concello de Xove en horario de 16.00 a 20.00 horas.
A asociación define a actividade como unha oportunidade única para achegarse á arte do bordado nun ambiente distendido e creativo, dirixido tanto a persoas con experiencia como a quen desexe iniciarse nesta técnica. A actividade busca fomentar a creatividade e a aprendizaxe en comunidade, proporcionando un espazo de expresión artística.