Saiñas de Xove organiza a nova edición da Festa do Lacón e Foliada da Mariña
A Asociación Cultura Saiñas de Xove organiza para o vindeiro sábado 19 de novembro unha nova edición da Festa do Lacón e Foliada da Mariña.
Esta cita, que chega a súa décimo quinta edición, será a partir das 17.00 horas comezarán os obradoiros infantís e desde as 20.30 horas os presentes poderán degustar no pavillón municipal un delicioso menú composto por sopa, lacón, patacas, chourizos, pan e bebida e con chocolatada incluída.
Durante a xornada haberá sorteos dunha estancia nun hotel con spa e mariscada para dúas persoas no Restaurante Louzao.
A partir das 22.30 horas será a quenda da foliada a cargo de Cordenaia de Cervo, Os Do 21 do Vicedo e os Gaiteiros e Pandereteiras de Saiñas de Xove. Aínda faltan grupos por concretar.
O prezo do menú é de 10 euros e 9 se os tickets da festa adquírense en venda anticipada. Pódense mercar en Estética Marta, na pizzería Onde Sempre, no bar La Cívica e na polbaría O Refugio.