Sae para Valencia un camión co material recollido en Ribadeo pola DINA
AMariñaXa
Unha iniciativa solidaria con alimentos non perecedeiros, auga ou productos de hixiene
14 Dec 2024
Sae para Valencia un camión con todo o material recollido en Ribadeo para as persoas afectadas pola DINA o pasado mes de outubro.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradeceu “a colaboración de todas as familias de Ribadeo que entregaron alimentos non perecedeiros, auga, productos de hixiene, etc, que estivemos recollendo durante uns días no noso centro social”.
Indica tamén: “Grazas ao colexio Gregorio Sanz pola aportación de xoguetes e material escolar, que viaxa no mesmo continxente, así como o material recollido nos CRA Pintor Álvaro Delgado, de Valdés, e Ría del Eo, de Vegadeo. E dar gracias tamén a Juan Rivas, por poñer o seu camión á nosa disposición de forma solidaria e desinteresada”.