Sacrifican a un delfín que apareceu na ría de Foz
Un delfín adulto duns dous metros foi visto na praia de Coto en Barreiros para logo varar en Foz, pola zona do porto. Membros de da asociación A Ribeira de Foz achegáronse ata onde se encontraba o exemplar que logrou nadar pero finalmente quedou pola zona portuaria.
A presenza deste animal levantou unha gran expectación durante toda a xornada e provocou que numerosos curiosos se achegasen a velo. O seu comportamento deu a voz de alarma para que se trasladaran ata o lugar especialistas da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Cemma, pois o exemplar non regresaba a mar aberto. O mal estado do delfín fixo que finalmente fora sacrificado.
Durante a tarde, membros da asociación A Ribeira trataron de guialo fóra da ría cara ó mar, aínda que non foi posible. O Cemma encargouse de recoller o delfín para levalo a Lugo a Veterinaria e realizar os estudos para determinar o que lle sucedeu