Sacan a concurso dúas naves de almacenaxe no porto de Ribadeo
A entidade pública Portos de Galicia inicia o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para o uso de dúas naves de almacenaxe de mercadorías no porto lucense de Ribadeo. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia. Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas.
O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condición do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante.
Trátase de dúas naves empregadas situadas no peirao comercial de Mirasol con emprazamentos contiguos. Teñen unha extensión de 780 e 848 metros cadrados respectivamente.