Ruta máxica, gala infantil e música: comeza o Festival Internacional de Maxia da Pontenova
A Pontenova prepara a cuarta edición do Festival Internacional de Maxia. A cita será o 26, 27 e 28 de xullo no municipio. Comeza o venres coa actuación a partir das 20.00 horas do mariachi Sol de Galicia polos bares. Xa ás 00.00 horas acturán Raymon e Román García no Lar de Balbina e a 01.00 é a quenda de Nuel Galán e Samuel Pons en Pub Rony.
O sábado, ás 12.30 horas, terá lugar a gala de maxia infantil na Praza dos Fornos con Jessica Guloomal, Edu el Mago e Raymon. Pola tarde, poderán gozar do Mago Román García na residencia de maiores e tamén de Samuel Pons. A partir das 19.30 horas terá lugar a Ruta máxica.
Pola noite organizan unha cea na Praza dos Fornos para a que se precisa billetes que se poderán recoller nos bares do municipio e a gala de maxia, festa con Dj e violinista. O domingo os máis cativos poderán gozar dunha Gala de maxia infantil na Praza dos Fornos con Roberto Lolo, Samuel Pons e Edu El Mago.
Haberá sesión vermú con Dj, hinchables e animación para os nenos. A gran gala final será ás 20.00 horas na Casa da Cultura ata completar aforo. Actúan Raymon, Jessica Guloomal, Edu El Mago, Yao Xinge e Nuel Galán.