Roteiro e concerto o día 12 en Órrea

AMariñaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba de Órrea, en Riotorto, celebrará o domingo 12 de setembro unha roteiro e un concerto.
roteiro e concerto orrea
24 Ago 2021

A Asociación de Veciños de Santa Comba de Órrea, en Riotorto, celebrará o domingo 12 de setembro un roteiro polos regos e as fontes la localidade.

Para participar será necesario inscribirse previamente no whastapp 618 480 957, preferentemente antes do 10 de setembro, ás 22.00 horas.

A ruta dará comezo ás 10.30 horas dende o campo da festa e rematará no mesmo lugar ás 13.00 horas. Repartirase entre os asistentes un refrixerio gratuíto ao final do percorrido.

Ademais, como complemento, ás 13.30 horas, terá lugar a actuación do grupo tradicional Toleache pola Peneira, de Vilalba, que ofrecerá un concerto no campo da festa dentro do programa Musiqueando pola provincia de Lugo da Deputación.

roteiro concerto orrea interior
0.18290591239929