Rock Solidario recada 1.320 euros pola venda do CD
A iniciativa do CD Rock Solidario vén de dar os seus primeiros froitos. De feito, este colectivo de músicos de Ribadeo entregou un total de 1.320 euros, os cartos recadados da venda do CD e que foron entregados ao voceiro da Praza. Este traballo coral, que leva por título En Ribadeo cada un soa ó seu, fíxose porque debido á pandemia non se puido celebrar o habitual concerto solidario co que recadan fondos para a xente que máis o necesita.
Deste xeito, os 1.320 euros serán transformados en vales a través dos Servizos Socias que as familias máis desfavorecidas poderán intercambiar por comida nos postos do comercio da praza de Abastos.
"Rock solidario valora a implicación da xente en comprar o cd e axudar os máis desfavorecidos", explican os impulsares deste proxecto.
"Ademáis creemos que foi unha gran oportunidade de amosar en 18 cancións o que foi a escena musical de Ribadeo nos últimos 20 anos", engaden.
Do cd todavía quedan copias que se poden mercar en Cienfuegos Bar, Vírgula Tenda de música, Gráficas Santiago e O Bosque Animado. Tamén xa se pode escoitar e descargar o disco nas plataformas dixitais.