Rocío Lopez sae a revalidar a Alcaldía de Lourenzá “con ilusión e ganas de impulsar novos proxectos”

AMariñaXa
Rocío Lopez sae a revalidar a Alcaldía de Lourenzá “con ilusión e ganas de impulsar novos proxectos”, para seguir mellorando
PSOE Mitin Lourenzá
22 Maio 2023

A alcaldesa de Lourenzá e candidata á reelección polo PSdeG, Rocío López García, ofreceu un mitin ante un salón de actos do Concello cheo de veciños e veciñas. Estivo acompañada do Deputado provincial Pablo Rivera e do seu equipo, con quen quere revalidar a Alcaldía “para seguir mellorando Lourenzá”.

Rocío López ten “ilusión e ganas de traballar” para seguir sacando adiante proxectos e iniciativas que favorezan “que a nosa veciñanza poida vivir aquí, colaborando entre todos para que o noso concello medre en servizos, pero tamén en poboación”.

Sobre a súa xestión ao longo destes anos no Concello, destacou a realización de proxectos, como “a construción do campo de herba artificial en Santa Cruz e a posta en marcha do local multiusos para realizar teatro, xuntanzas e charlas, que hoxe xa é un realidade, e conta cunha capacidade para 1.000 persoas, ou o investimento que executamos na rede de estradas municipais, que podo asegurar que foi o maior da historia. O aglomerado neste concello case nin sabíamos o que era, e hoxe podemos presumir de ter practicamente todas as vías arranxadas e con bo firme”, asegurou.

0.20814490318298