Rocío López reedita o seu cargo en Lourenzá

AMariñaXa
No concello de Lourenzá o PSOE volveu conseguir a maioría absoluta con 7 concelleiros. A socialista Rocío López García repetirá
rocio lopez alcaldesa lourenza
1 Xuño 2023

No concello de Lourenzá o PSOE volveu conseguir a maioría absoluta con 7 concelleiros. A socialista Rocío López García repetirá como alcaldesa.

A actual rexedora local Rocío López, que encabezou por primeira vez a candidatura local no 2011, conseguiu o seu terceiro mandato co apoio da veciñanza.

López conseguiu 7 concelleiros, un máis que no 2019, o cal se resta do BNG, que fixo 1. Pola contra, o Partido Popular mantívose en 3 edís.

López dixo que “os resultados son históricos e falan por si sós, 7-3-1”, e ademais quixo agradecer aos veciños de Lourenzá o seu apoio ao “depositar a vosa confianza en min e no meu equipo. Non podo estar máis agradecida por todos. Traballamos moito estos 4 anos e a xente valorouno nas urnas”.

Por último, engadiu as súas felicitacións aos outros dous partidos que se presentaron a estas eleccións, PP e BNG.
“A partir de xa toca seguir traballando para seguir mellorando Lourenzá”, rematou dicindo López. “Os nosos veciños depositaron unha vez máis a sua confianza en nós e agora tócanos a nós responder con máis feitos e seguir traballando”.

No 2015 foi cando conseguiu a Alcaldía por primeira vez e López seguirá con “ilusión e ganas de traballar” para seguir sacando adiante proxectos e iniciativas que favorezan “que a nosa veciñanza poida vivir aquí, colaborando entre todos para que o noso concello medre en servizos, pero tamén en poboación”.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Rocío López García PSOE
  • Javier Huertas Otero PSOE
  • Manuel Arango Ron PSOE
  • Mercedes Dengra Sixto PSOE
  • Mario Leitón Ramallal PSOE
  • Francisco Javier Suárez PSOE
  • Sonia Gavino Reigosa PSOE
  • Roberto Díaz Expósito PP
  • Sandra Gómez Maradona PP
  • Remedios Gallo Fernández PP
  • Belén Fanego Barreira BNG

Sobre a súa xestión ao longo destes anos o, destaca a realización de proxectos, como “a construción do campo de herba artificial en Santa Cruz e a posta en marcha do local multiusos, que hoxe xa é unha realidade, ou o investimento que executamos na rede de estradas municipais, que podo asegurar que foi o maior da historia. O aglomerado neste concello case nin sabiamos o que era, e hoxe podemos presumir de ter practicamente todas as vías arranxadas e con bo firme”, asegurou.

O Partido Popular con Roberto Díaz á fronte agradeceu o apoio e dixo que cre fundamental “recuperar certa actividade no municipio, apoiando as iniciativas empresariais e emprendedoras, pois se hai emprego e o noso pobo resulta atractivo para vivir, conseguiremos incrementar a poboación”.

A formación nacionalista encabezada por Belén Fanego Barreira conseguiu 181 votos. Belén Fanego, traballadora do Sergas, e da parroquia de San Adriano, foi concelleira na corporación entre os anos 1995 e 2003.

lourenza 2023
0.23423385620117