Rocío Díaz, de Ribadeo, acadou o bronce no Campionato de Galicia Máster de Campo a Través
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Feb 2020
Rocío Díaz Mesa, do Club Atletismo Ribadeo, logrou unha medalla de bronce no XXXVI Campionato de Galicia Máster de Campo a Través, que se celebrou na Pobra do Caramiñal (A Coruña) onte, domingo.
Rocío Díaz Mesa obtivo a medalla de bronce na categoría M50F (maiores de 50 anos feminina), cun tempo de 20:28 para percorrer os 5,5 quilómetros da proba.
A representación do Club Atletismo Ribadeo tivo o broche final coa boa actuación do seu segundo atleta en participar nese campionato: Marcos Conde Llenderrozos, que fixo un tempo de 16:27 e clasificouse no posto 17º da categoría M35M (maiores de 35 anos masculina).