Roberto Díaz Expósito, nomeado presidente da xestora do PP de Lourenzá

AMariñaXa
O empresario Roberto Díaz Expósito, nomeado presidente da xestora do PP de Lourenzá trala baixa de Emma Álvarez Chao
30 Apr 2022

O empresario Roberto Díaz Expósito acaba de ser nomeado pola dirección provincial dos populares presidente da xestora do Partido Popular de Lourenzá. A dirección provincial do PP destaca que o novo responsable do partido no ámbito local é un home novo e moi coñecido na comarca, porque é o responsable de senllos concesionarios de coches en Lourenzá e Ribadeo.

Co nomeamento de Roberto Díaz á fronte do partido iníciase, segundo sinala a dirección provincial do PP, presidida por Elena Candia, o proceso de renovación da agrupación local co obxectivo de conseguir a alcaldía nas próximas eleccións municipais.

Díaz indica que o seu traballo irá encamiñado a reforzar a estrutura do partido. Para conseguir este obxectivo, entre outras cousas, dedicará os seus esforzos a ampliar a afiliación do partido neste concello. Por outro lado, seguindo a liña da dirección provincial, anuncia que o PP fará unha escoita activa das preocupacións dos veciños de Lourenzá, para buscar as vías institucionais para atendelas.

O presidente da xestora asegura que no PP non sobra ninguén e destaca que é partidario decidido da participación, de maneira que se escoiten todas a

0.18812990188599