Riotorto completa un programa de Entroido en tres xornadas

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido infantil o martes 21 de febreiro e outra de adultos para o luns 20
entroido riotorto adultos portada
14 Feb 2023

Riotorto celebrará dúas xornadas dedicadas ao Entroido. Así, dividirá as celebración nunha de adultos, o luns 20, e outra par os pequenos o martes 21 de febreiro.

O luns, haberá festa e concurso de disfraces a partir das 23.00 horas no pavillón do colexio local. A sesión estará amenizada polo dúo Belinda. Ademais, haberá premios para os mellores disfraces, con 500 euros para grupos e charangas, 200 para parellas e 100 para individuais.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no pavillón antes da medianoite. A organización lembra que se valorará no concurso a orixinalidade e simpatía dos participantes.

FESTA INFANTIL

A xornada do martes estará dedicado aos pequenos da casa, e será de 17.00 a 20.00 horas, nunha sesión na que haberá inchables e talleres ademais do tradicional desfile.

Despois da festa ás 20.00 horas, que se celebrará no pavillón polideportivo, poderase desfrutar de chocolate con churros.

Para participar non será necesario anotarse previamente no Concello.

CENTROS SOCIAIS

Por outra banda, o Concello de Riotorto organiza un ano máis unha comida de Entroido, que terá lugar este mércores, 15 de febreiro.

A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un dúo musical aínda sen confirmar.

O menú, que ten un prezo de 20 euros por persoa, inclúe sopa, cocido completo, sobremesa e bebidas.

A data límite para anotarse é o 13 de febreiro, e terá que facerse nos centros veciñais con preferencia para as persoas inscritas nas actividades.

entroido riotorto adultos
festa infantil entroido riotorto
0.091021060943604