Riotorto pon en marcha dúas casas do maior como centro de día

TerraChaXa | AMariñaXa
Riotorto porá en marcha os próximos días dúas casas do maior, que funcionarán como centro de día con unha capacidade para 10 persoas.
casa do maior riotorto
29 Nov 2021

O Concello de Riotorto porá en marcha os próximos días dúas casas do maior, que funcionarán como centro de día con unha capacidade para 10 persoas.

As dúas casas, situadas fronte a gasolineira local, levan o nome de Pobo de Miranda I e II e terán unha capacidade de dez persoas.

Será un servizo gratuíto para os veciños e só pagarán aqueles que coman non centro, cinco euros. Terá un horario de apertura de 9 a 17 horas.

Esta iniciativa de dúas emprendedoras da vila contou coa subvención da Xunta de Galicia para o acondicionamento do centro.

As persoas que poden beneficiarse deste servizo teñen que ter recoñecida a dependencia en grado I ou II e ser maior de 60 anos de idade sen dependencia recoñecida.

Aqueles interesados en entrar nestas casas do maior deberán acudir a Servizos Sociais do Concello para tramitar a correspondente solicitude en horario de 9 a 14 horas.

0.19467401504517