Riotorto organiza unha recollida solidaria para Ucraína
O Concello de Riotorto vén de organizar unha recollida de produtos de primeira necesidade para a poboación civil de Ucraína.
O punto de recollida é a casa do Concello en horario de mañá (de 9.00 a 14.00 horas). Por outra banda, o CEIP Riotorto, a casa do Maior e a casa niño recollerán tamén doazóns pero de nenos, familias e usuarios destes espazos.
Solicítase por tanto roupa e calzado para bebés, material de atención sanitaria, comida non perecedeira, produtos de hixiene, así como produtos necesarios para a supervivencia (sacos de durmir, mantas, chisqueiros e mistos, cordas, coitelos, mochilas, etc.
Dende a organización lembran que os produtos teñen que estar en bo estado antes de enviar, especialmente no caso nos de segunda man.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do mail aga.ucraina@gmail.com.