Riotorto e A Pontenova volven unirse no Desafío do Ferro

TerraChaXa | AMariñaXa
Os concellos de Riotorto e A Pontenova históricamente están ligados ó ferro por iso organizan a ruta ciclista Desafío do Ferro para setembro
desafio do ferro pontenova riotoroto 2022 1
2 sep 2022

Os concellos de Riotorto e A Pontenova volven unirse este ano no Desafío do Ferro 2022, unha ruta cicloturista que será o 4 de setembro. Esta marcha é organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club e nesta ocasión contará cun total de 130 participantes maiores de 16 anos.

Esta proba conta con dúas distancias, a corta de 30 km e a longa de 50 e con dúas modalidades oficiais da proba bicicleta de montaña ou BTT e bicicleta de montaña eléctrica ou e-BTT.

A saída será ás 9.30 horas da Pontenova e a chegada será tamén no mesmo Concello. Os corredores terán para facer o traxecto ata as 15.30 quedando descualificados automaticamente en caso de non chegar.

O percorrido é maiormente por pistas forestais e camiños ben marcados, habendo nalgunhas ocasións algúns carreiros técnicos e subidas un pouco rotas.

desafio do ferrol pontenova riotorto cartaz
0.141676902771