Riotorto contará cunha nova planta de transferencia de residuos

TerraChaXa | AMariñaXa
Sogama vén de sacar a licitación as obras de construción dunha nova planta de transferencia de residuos que se situará en Riotorto.
plano planta residuos riotorto
18 sep 2021

Sogama vén de sacar a licitación as obras de construción dunha nova planta de transferencia de residuos que se situará no municipio de Riotorto. O novo centro de recollida de lixo, para o seu posterior traslado á planta de tratamento en Cerceda, estará situado nunha parcela rústica de 14.730 metros cadrados situada no lugar de O Franco, na parroquia de Aldurfe.

Segundo figura nas bases, a planta terá dobre obxectivo. Por unha banda terá un sistema de compactación dos residuos coñecidos como os de bolsa amarela (para plástico, latas e briks) e os de bolsa negra (restos orgánicos, cueiros, compresas, papel e cartón manchado de graxas, lámpadas, espellos, louza rota, cintas de vídeo e de audio, discos e cedés, bolígrafos, xoguetes de plástico e calquera material distinto de plástico, vidro, papel e cartón limpo e pilas). Por outra banda, terá un sistema de compactación dos residuos tipo FORSU (Fracción Orgánica dos Residuos Sólidos Urbano), residuos de orixe orgánica, como restos de alimentos e cociña, esterco, poda de árbores, varrido de rúas, ramas, palla e plantas.

Esta dotación, financiada con fondos europeos Feder, ten un orzmento de 1.948.454 euros IVE incluído. No caso de Riotorto o proxecto indica que era mellora a construción dunha nova planta que utilizar u ampliar a actual microplanta situada no Concello ao lado do punto limpo.

A nova planta de Riotorto terá acceso directo desde a estrada LU- P-4404, que conecta coa LU-122 que vai a Meira e a LU- P-5501. Estas dúas últimas vías á súa vez conectan coa N-640 que vai cara a Lugo. Segundo o proxecto presentado para a licitación das obras, non existen riscos de seguridade viaria, xa que estiman un uso diario das vías de menos de dez camións.

O complexo de recollida dará servizo aos concellos que xa usan a actual, Meira, Pol, A Pastoriza, A Pontenova e Ribeira de Piquín. Ademais, prevese que recolle residuos FORSU de Abadín, Baleira, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, A Fonsagrada, Trabada e Vilalba, pero poderían utilizalo máis xa que o proxecto estima qu epode asumiar ata 6.500 toneladas de residuos.

planta riotorto sogama
0.14268898963928