Riotorto celebrará o Entroido por todo o alto cunha festa e concurso o 7 de febreiro
TerraChaXa | AMariñaXa
Haberá premios para os mellores disfraces nas categorías charangas, parellas e individual ata repartir máis de 6.000 euros

1 Nov 2025
O Riotorto CF anunciou xa que organizará o tradicional Entroido 2026, que será o sábado 7 de febreiro pola noite no pavillón do colexio de Riotorto. Contarán con música en directo para amenizar a festa.
Haberá premios para os mellores disfraces nas categorías charangas, parellas e individual ata repartir máis de 6.000 euros.
Ademais desta cita obrigada, o Concello de Riotorto, colaborador do evento, ten previsto organizar outras actividades vinculadas ao Entroido.