Riotorto celebrará as súas festas na honra a San Pedro o domingo 29 de xuño

TerraChaXa | AMariñaXa
Os que queiran asistir teñen ata o 25 para comprar a súa tarxeta
festas-san-pedro-riotorto
23 Jun 2025

O Concello de Riotorto organiza as súas habituais festas na honra a San Pedro, acompañada dunha comida veciñal.

Será o domingo 29 de xuño e para todos os que queiran asistir teñen ata o 25 do mesmo mes para comprar a súa tarxeta en todo os bares da localidade e na gasolineira por un prezo de 30 euros.

O programa dará comezo á 13.15 cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo Epo-K. A comida veciñal estará servida por Pulpería Suso e constará de xamón cocido, polbo e churrasco, sobremesa e café.

Despois de comer, a diversión continuará coa actuación do mesmo grupo, coa que se dará por finalizada a sesión.

⚙ Configurar cookies
0.16324591636658