Riotorto celebrará as súas festas na honra a San Pedro o sábado 29 de xuño
O Concello de Riotorto organiza as súas habituais festas na honra a San Pedro, acompañada dunha comida veciñal.
Será o sábado 29 de xuño e para todos os que queiran asistir teñen ata o 22 do mesmo mes para comprar a súa tarxeta en todo os bares da localidade e na gasolineira por un prezo de 28 euros para os adultos e 12 euros para os nenos de 5 a 12 anos. O aforo será de 100 persoas, polo que non hai tempo que perder.
O programa dará comezo á 13.30 cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo Dilema. A comida veciñal estará servida polo catering Las Salinas e constará de empanada, salpicón de marisco, churrasco, criollo, polo, sobremesa e bebidas.
Despois de comer, a diversión continuará coa actuación do mesmo grupo, coa que se dará por finalizada a sesión.