Riotorto celebra as patronais e o San Cristóbal dúas fins de semana seguidas

TerraChaXa | AMariñaXa
A localidade de Riotorto celebra desde o xoves e ata o sábado as súas festas patronais na honra a San Pedro, o primeiro día e a Santa Isabel.
festas riotorto portada
28 Xuño 2023

A localidade de Riotorto celebra desde o xoves e ata o sábado as súas festas patronais na honra a San Pedro, o primeiro día e a Santa Isabel no segundo.

O xoves arrancarán as festas con misa solemne ás 13.00 horas á que seguirá a tradicional procesión e a sesión vermú amenizada polo dúo Venus. Pola noite a verbena estará a cargo do dúo Epo-K, nunha actuación aportada polo Concello. Tamén acctuarán o venres pola noite, nunha xornada na que non haberá celebracións da comisión.

O sábado será o día grande comezando coa misa solemne, de novo ás 13.00 horas, procesión e sesión vermú nesta ocasión co orquestra Barceló, a mesma que se encargará da verbena.

Ademais, ao mediodía, haberá un xantar veciñal, servizo por Casa Rodil, no que poderán participar todos os que o desexen con retirada de tarxetas con antelación. Esta debe facerse nos bares e estación de servizo da localidade.

Ademais disto, para os nenos a organización das festas ten previso inchables para os máis pequenos e discoteca móbil con Puzzle Animación.

SAN CRISTÓBAL

As celebracións por San Cristóbal terán lugar a fin de semana próxima, comezando o venres 7 cunha cea popular no pavillón polideportivo a partir das 23.00 horas, que estará amenizada polo DJ Pedro Brmudz. Tamén estarán nesta sesión nocturna Cine, "a orquestra máis agresiva de Galicia".

O sábado comezarán os actos coa misa solemne, ás 13.00 horas, á que seguirá a tradicional bendición de vehículos na praza das Ródrigas. A continuación terá lugar a sesión vermú co dúo Dilema.

Pecharán as celebracións coa verbena, na que serán protagonsitas de novo o dúo Dilema e tamén a orquestra Charleston Big Band.

0.091784000396729