Riotorto acolle este domingo o IV Aberto de billarda
TerraChaXa | AMariñaXa
A cita será ás 11:00 da mañá no Campo Municipal A Veiga

7 Feb 2025
Este domingo, 9 de febreiro de 2025, terá lugar o IV Aberto Concello de Riotorto, un evento destacado no calendario da Liga Nacional de Billarda. A cita será ás 11:00 da mañá no Campo Municipal A Veiga, onde os amantes deste deporte tradicional poderán desfrutar dunha xornada chea de competición e diversión.
Organizado pola asociación Troitas Bravas e a ACD O Varal, o evento conta coa colaboración da Liga Nacional de Billarda (LNB), o Concello de Riotorto e outros patrocinadores.