Riobarba, no Vicedo, celebra as festas de San Pablo cunha xornada completa

A parroquia de Riobarba prepárase para celebrar este sábado, 24 de xaneiro, as tradicionais festas de San Pablo cun programa pensado para todas as idades e cun marcado carácter popular. A xornada combinará actos relixiosos, momentos de convivencia e música en directo, convertendo o campo da festa nun punto de encontro para veciños e visitantes.
Os actos darán comezo ás 13:00 horas coa misa solemne en honra a San Pablo, seguida da tradicional procesión. A continuación, terá lugar a sesión vermú, acompañada dunha pinchada popular gratuíta para todas as persoas asistentes, que se desenvolverá no campo da festa, un espazo cuberto para garantir a comodidade independentemente da climatoloxía.
Xa pola tarde e noite, a festa continuará cunha animada sesión musical a cargo dos dúos Caramelo e Eclipse, que serán os encargados de poñer ritmo e diversión ao remate da xornada. A organización destaca o ambiente familiar e participativo destas celebracións, que cada ano reúnen a un gran número de persoas arredor da tradición e da música.
Desde a comisión de festas anímase á veciñanza e ao público da contorna a participar nunha cita que mantén vivas as costumes locais e reforza a convivencia social na parroquia de Riobarba.