Ribadeo, unha vila tinguida de azul
O popular Daniel Vega e a socialista Marta Rey queren arrebatarlle a Alcaldía ao grupo nacionalista encabezado por Pablo Vizoso
O PP presenta a un Daniel Vega reforzado que intentará arrebatar o bastón de mando ao BNG, quen triunfou na vila nas anteriores eleccións e que nestas muda ao candidato por un Pablo Vizoso con vagaxe á fronte da Concellería de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo. Vega conta cunha lista ampla de 23 persoas. Así mesmo, Marta Rey, do PSOE, volve concorrer como cabeza de lista, pois “hai moito que facer na vila”. Ademais é coordinadora comarcal dos socialistas e membro da executiva provincial do partido. Estará presente tamén nestas próximas eleccións a candidatura de Partido Galeguista, liderada por Ángel Rodríguez.
BNG. O BNG de Ribadeo presentou a candidatura para as eleccións do 28 de maio, liderada por Pablo Vizoso Galdo. Un equipo de vinte e tres persoas para renovar o goberno municipal e dar continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos.
Seis novas incorporacións, mulleres con diferentes perfís profesionais, reforzan un grupo que suma a experiencia de xestión acumulada polos diferentes gobernos do BNG en Ribadeo.
Concelleiras e concelleiros deste mandato repiten nos postos de saída da candidatura, aos que volve Vicente Castro Reigosa, que fora concelleiro de Economía e Facenda.
“Presentámonos con toda a ilusión, con proxectos sólidos e coa confianza que nos dá o bo traballo feito ata agora”, dixo Pablo Vizoso Galdo, que reivindicou a bagaxe dos vinte anos dedicados ao concello de Fernando Suárez Barcia.
E engadiu: “presentámonos como un equipo serio, fiable, solvente e responsable. Seguimos crendo firmemente no respecto polos cidadáns, no traballo conxunto na defensa dos intereses de Ribadeo e no diálogo permanente coa sociedade”.
PP. O candidato á Alcaldía de Ribadeo, Dani Vega, presentou aos membros que formarán a súa candidatura nas vindeiras eleccións municipais.
Dos membros que conformarán o equipo, Vega destaca que “é o mellor equipo posible para gobernar, un equipo forte, unido, con experiencia e preparado para gobernar. Un equipo liderado por mulleres que traballaron moito comigo nestes catros anos”.
En relación á lista Dani Vega destaca que “somos un equipo tan forte que temos moitas persoas que se queren unir ao noso proxecto, aos cales lles queremos dar as gracias, traballaremos todos xuntos para impulsar Ribadeo. Temos unha lista ampla e moi completa de 23 persoas, unha lista clave para ganar as próximas eleccións municipais”.
O alcaldable subliña tamén que “esta lista está conformada por persoas que son 100% ribadenses e que van a traballar por e para Ribadeo, persoas que non hai que explicarlles onde están as rúas, os barrios e as parroquias. Temos a sorte de que somos un grupo moi unido, que está formado por xente moi preparada que ven de moitos ámbitos diferentes: educación, sector público, medio rural, empresa, etc”.
Dani Vega indicou que “o goberno do BNG –problemas internos- e o PSOE -totalmente desaparecido-, o único que están a facer é levar unhas políticas sen rumbo que tocan ao seu fin. O noso proxecto non empeza uns días antes das eleccións. Levamos traballando intensamente durante estes catro anos, xestionando moito orzamento, máis orzamento que o goberno do BNG sendo da oposición”, dixo o candidato.
Desde o inicio desta lexislatura, o grupo municipal popular seguiu unha liña de traballo baseada na escoita activada dos veciños e veciñas do municipio, dándolles voz ás súas demandas e explicando con detalle “o que queremos para Ribadeo”.
Deste xeito, o popular quere facer chegar a Ribadeo “a posta en marcha do novo centro de saúde, a tramitación para poder empezar co proxecto de reforma e adaptación do Hospital Asilo e a creación de novos aparcamentos na vila”, entre outras liñas de actuación.
PSOE. A secretaria de organización e voceira da agrupación socialista de Ribadeo, Marta Rey, volverá a concorrer como cabeza de lista ás eleccións municipais.
Rey di que “quero seguir traballando e loitando polo futuro dos veciños do meu concello e da miña comarca. En Ribadeo hai moito por facer. Estou convencida de que nas videiras eleccións seremos o partido que lle dea o empuxón progresista que Ribadeo merece”, remarcou.
O coñecido ribadense Víctor López ocupará o número 2 da candidatura. López, que naceu na vila ribadense hai 54 anos, é traballador do Rexistro da Propiedade en Ribadeo e foi presidente do Ribadeo Fútbol Club, entre outras responsabilidades en diferentes colectivos. Leva sendo militante do Partido Socialista desde hai máis de 20 anos.
PARTIDO GALEGUISTA. O Partido Galeguista concorrerá ás eleccións con Ángel Anes como candidato. O propio candidato e Pablo Rodríguez Vivín, impulsor da lista, notificaron a candidatura na xunta electoral provincial en Mondoñedo.
Ángel Anes ten 63 anos e pasou a primeira etapa da súa vida, ata os 30 anos, traballando en distintos proxectos comerciais en Ribadeo. “Involucreime neste proxecto porque me parece serio e un lugar dende o que se poden facer cousas para a poboación”, recoñece Anes, que se mostra con “ilusión e ganas de apartar propostas para ou programa”, di Anes.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PP
1. Daniel Vega Pérez
2. Begoña Sanjurjo Santar
3. Marta Saiz García
4. Montse Seijo Díaz
5. Diego dos Santos Rodríguez
6. Elena Sierra Pulpeiro
7. Francisco José Silvent Villalba
8. María Remedios Espiñeira
9. Javier Castro González
10. Manuel Salvador Álvarez Álvarez
11. Noelia García Fojo
12. Mario Alberto Meira García
13. Ramón Fraga Martínez
Suplentes:
1. David Fernández Díaz
2. Belén Cociña García
3. María José Duarte Fanjul
4. Justo Pedro Suárez Conde
5. José María Remior Fernández
6. Susana García Rodríguez
7. Félix Fernández García
8. Gonzalo Maximiliano Lebredo
9. Azucena González Loredo
10. Pedro José Antonio Muruais
PP
1. Marta García Rey
2. Víctor López Pérez
3. Camilo Vázquez Corveiras
4. María Teresa Pérez Sanz
5. María Lidia Gómez
6. Juan Ramón Martínez Pérez
7. Celia Vila Lombardero
8. David Fernández Feijoo
9. Amaia López Vivas
10. Justo Enrique Navarret Mon
11. Myriam Álvarez Legazpi
12. Aline Karina Canero Rego
13. José Ramón López López
Suplentes:
1. Lorena Ramón Bouso
BNG
1. Pablo Vizoso Galdo
2. Mónica Freire Rancaño
3. Vicente Castro Reigosa
4. Jorge Díaz Freije
5. Pilar Otero Cabarcos
6. Marcos Antonio Villamil Martínez
7. Martín Graña Pérez
8. Raquel Ferreira Álvarez
9. Lucía Balea Vazquez
10. Pedro Fernández Villamil
11. Patricia Díaz López
12. Vanesa Yanes Rivas
13. Xosé Farruco Graña Rama
Suplentes:
1. María Novo Fernandez
2. David Rivas Peña
3. Eva Iglesias López
4. Xoan Antón Monasterio López
5. Olivia Rey Soto
6. José Rocha Fernandez
7. María Ángeles Fuente Verdeal
8. Óscar Chao Penabad
9. María Da Paz Ermida Igrexas
10. Fernando Suárez Barcia
PARTIDO GALEGUISTA
1. Ángel Rodríguez Anes
2. Juan Antonio Sancosme
3. Verónica Pedrero Jiménez
4. José Luis Carnota
5. Patricia Ramallal Alonso
6. Abel Coto Coto
7. Pablo María Rodríguez Fernández
8. Noelia Villa Rodil
9. Ángel Christian González Pérez
10. Claudia Cristina Fernández
11. Manuel José Pérez Fernández
12. Ana Vila Portomeñe
13. Lucía Cristina Gutiérrez Morales
Suplentes:
1. José Antonio López Díaz