Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio para concienciar sobre o cancro de mama

AMariñaXa
Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio para visualizar e concienciar sobre o cancro de mama no Día Mundial contra a loita desta patoloxía
colector cancro mama ribadeo
19 Oct 2021

Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio, da Fundación Sandra Ibarra, da Xunta e dos Concellos no día mundial da loita contra o cancro de mama. E faino coa instalación dun contedor rosa no parque de San Francisco para visualizar, divulgar e concienciar sobre esta enfermidade.

O colector ten carácter de visualización e vai estar no parque San Francisco un contedor de cor rosa, identificativo con este día. Leva o lema de Coidate e coida o medio ambiente, ninguén te coñece mellor ca ti.

Así, lembran que hai que reiterar o necesario que é facer esas revisións periódicas que as mulleres teñen que facer dunha idade para adiante e que se notan algo estraño vaian o máis inmediatamente posible ao médico para que lle fagan ese recoñecemento.

colector cancro mama ribadeo 1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18118381500244