Ribadeo solicita axuda económica para o arranxo e acondicionamento da estrada de Os Garitos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle unha carta á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sobre a moción aprobada por unanimidade no pleno do Concello relativa ao arranxo e acondicionamento da estrada de Os Garitos.
20 Feb 2020

O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle unha carta á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sobre a moción aprobada por unanimidade no pleno do Concello relativa ao arranxo e acondicionamento da estrada de Os Garitos.

Na misiva o rexedor alude aos termos da moción presentada polo Grupo Municipal do PP e na que se recollía que a estrada “da servizo a algunhas vivendas e industrias e ademais é empregada por moitos peóns para acceder á zona comercial. Non conta con beirarrúas que fagan seguro o camiño dos peóns por ningunha das dúas marxes, e tampouco conta con ningún tipo de mobiliario urbano. A iluminación é escasa, por non dicir inexistente”.

Fernando Suárez subliña que non se trata dunha infraestrutura municipal: “está ben que se solicite ao Concello o arranxo e mantemento en condicións dos seus bens, aínda que semella algo excesivo pedilo de aqueles que non o son. En todo caso, entendendo a motivación do Grupo Popular neste caso, realizáronse nestes últimos días xestións co actual titular, FEVE, que conducirán nun breve lapso de tempo a posuír algún tipo de dereito real sobre os bens que permita executar as obras”.

O rexedor alude tamén ao custe que terá a actuación. Para afrontalo apélase á colaboración da Xunta de Galicia: “como poderá comprobar pola memoria técnica que se axunta tamén coa presente, o custo da actuación é bastante elevado, alcanzando os 336.924 euros”.

O alcalde recalca que “é evidente que o Concello non ten facultade de decisión nas liñas de axudas que a súa Consellería ten a ben convocar anualmente, e ás que esta entidade adoita acudir, como vostede ben sabe, posto que tivemos o pracer de contar coa súa presenza na inauguración da última actuación na que existiu esta colaboración”.

E engade: “pero a situación de que neste exercicio non se convoque pola súa parte a tradicional destinada á creación ou mellora de infraestruturas nos Concellos de Galicia con poboación inferior aos 50.000 habitantes obríganos a que, para satisfacer a ambición dos concelleiros municipais do seu partido, se precise ou ben a existencia doutra tipoloxía de axuda similar ou ben a sinatura dun convenio bilateral ou a concesión dunha subvención excepcional nos mesmos termos”.

A carta remata: “ sen esta colaboración, entendemos que non será posible executar os traballos que se recollen na citada moción… se máis quedamos á espera da súa resposta, que agardamos sexa favorable á solicitude expresada na moción, dirixida á Consellería da que é titular”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19888210296631